Os sete contra Tebas

Edipo (coas súas fillas) maldicindo ó seu fillo Polinices (André Marcel Baschet, 1883)

Coñécese como a guerra dos Sete contra Tebas un dramático episodio da mitoloxía grega, unha guerra contra a cidade de Tebas (Grecia). O tema foi desenvolvido en diferentes textos da literatura grega, en especial por Sófocles na súa serie sobre Edipo e Antígona, por Eurípides (Fenicias) e, sobre todo, por Esquilo, que escribiu unha traxedia co título dos Sete contra Tebas.

Cando Hesíodo, na súa obra Traballos e días, describe as cinco idades ou razas de homes conta que a Raza dos Heroes desapareceu en guerras como a de Tebas ou a de Troia:

"A malvada guerra e o terrible combate aniquilounos, a uns loitando xunto a Tebas, de sete portas, na terra Cadmea, por causa dos fillos de Edipo; a outros conducíndolles en naves sobre o abismo do mar cara Troia, por causa de Helena, de fermosa cabeleira".
(Hesíodo: Trabajos y días 161-165)

Developed by StudentB